Thursday 1 February 2007

Atlantis y Lemuria : Las Piramides y Akhenaton



A Atlántida foi unha antiga illa ou continente mítico, cuxa existencia ou localización nunca foron confirmadas.
Orixinalmente mencionada polo filósofo grego Platón en dous dos seus diálogos (Timeo e Critias), cóntanos que Sólon no curso das súas viaxes por Exipto falando cun sacerdote que vivía en Sais, no delta do Nilo, fálalle dunhas tradicións ancestrais relacionadas cunha guerra perdida nos anais dos tempos entre os atenienses e o pobo de Atlantis. Segundo o sacerdote, o pobo de atlantis (ou Atlántida) viviría nunha illa localizada para alén dos piares de Heracles, onde o Mediterráneo terminaba e o Océano comezaba.

Segundo a mitoloxía grega a Atlántida formaba parte do reino de Poseidon, Deus dos mares, e nas nas montañas do centro da illa vivía unha rapaza orfa de nome Clito, da que Poseidon se apaixonou e para poder cohabitar con ela formou unha barreira constituída por unha serie de murallas de auga e fosos acuíferos arredor da vivenda da súa amada. Deste xeito viviron moitos anos e da súa relación naceron cinco pares de xémeos, ao máis vello o deus dos mares deulle o nome de Atlas. Despois de dividir a illa en dez áreas anelares, deulle a supremacía a Atlas, dedicándolle a montaña de onde Atlas espallaba o seu poder sobre o resto da illa. En cada un dos distritos (aneis terrestres ou cintos), reinaban as monarquías de cada un dos descendentes dos fillos de Clito e Poseidon, estes reunianse unha vez ao ano no centro da illa, onde se localizaba o palacio central e o templo a Poseidon que tiñan os muros cubertos de ouro. A reunión marcaba o inicio dun festival cerimonioso en que cada un dos monarcas tiña que cazar un touro, para beberen do seu sangue e comeren da súa carne entre críticas e loanzas.

(Mi Entrevista radiofonica para Milenio Descarga Gratis aki)
Segundo A TEORIA, o pobo que habitaba a Atlántida era moito máis evoluído que os outros pobos da época, e ao prever a destrución inminente emmigrou para África, sendo os antigos exipcios descendentes da cultura de Atlántida.